Apaixonados polo UKELELE!

Tamén nós, en Salesianos, estamos apaixonados polo ukelele. Este pequeno instrumento de corda ten alterado ao alumnado do noso cole, moitos foron os que se apuntaron este curso á actividade dos luns coa intención de aprender a tocalo. O ukelele​ é un instrumento de corda pulsada, utilizado como instrumento principal na música das illas Hawai, …

Apaixonados polo UKELELE! Leer más »

Ludificación nas clases de Matemáticas.

A aplicación de técnicas ou dinámicas propias dos xogos a actividades ou contornas non recreativas axudan a potenciar e motivar a participación nas mesmas. É por isto que ao longo do curso utilizamos a ludificación (gamificación) nas clases de Matemáticas da ESO, para favorecer que o alumnado afiance os contidos traballados na aula previamente dun …

Ludificación nas clases de Matemáticas. Leer más »

Escaparate de Nadal

O alumnado de 2º da FP básica de Agroxardinería e composicións florais estivo a realizar estes días actividades relacionadas co Nadal. O alumnado estivo recollendo material vexetal que, posteriomente, enxugou mediante diferentes procesos de secado; logo empregouno para facer as distintas montaxes de Nadal como os tarros de cristal, os centros de mesa, as coroas …

Escaparate de Nadal Leer más »

Disfrutando na Granxa-Escola

Este curso estamos retomando moitas das actividades complementarias que estiveron en pausa por mor da pandemia, e unha das máis demandadas era a visita á graxa escola do noso colexio, e por fin a nosa rapazada puido desfrutar desta xornada. Acolleron a noticia con moito entusiasmo e emoción, sobre todo porque este ano ía ser …

Disfrutando na Granxa-Escola Leer más »

Ruta da Pedra e da Auga

O 24 de novembro, o alumnado de 1ºESO realizou a actividade complementaria da Ruta da Pedra e da Auga. Os obxectivos máis importantes da actividade eran dous. Practicar actividade física na naturena e realizar unha xornada de convivencia. Outros dos obxectivos da actividade foron coñecer e por en valor o noso patrimonio cultural, especialmente o …

Ruta da Pedra e da Auga Leer más »

Por Santa Icía volveron as veladas…

Este 22 de Novembro estaba marcado no noso calendario dende hai semanas. Tiñamos na nosa mente que o día da música sería para nós un verdadeiro punto de inflexión. Non podedes imaxinar o felices que nos sentimos todos ao poder celebrar unha vez máis unha velada musical no noso teatro, despois de case dous anos… …

Por Santa Icía volveron as veladas… Leer más »

Apaixonados polas tradicións: o magosto.

“Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto”, di o refraneiro galego. O pasado luns celebrouse no colexio o magosto coas tradicionais castañas asadas, que puideron ser degustadas mentres os xogos populares cobraban vida grazas á coordinación do alumnado de 2ºESO. A música tradicional tamén estivo presente grazas aos “pipas” que, coa …

Apaixonados polas tradicións: o magosto. Leer más »

Creando artistas ou espíritos libres na arte da flor!

Hoxe, o alumnado de FPB de Agroxardinaría recibiu a visita de Rosana, unha produtora de flor da comarca. Rosana explicounos os traballos necesarios na plantación de crisantemo: preparación do terreo, delimitación de bancais, plantación, entutorado, eliminación de brotes naturais, abonado, tratamentos fitosanitarios e enfermidades e pragas mais comúns . Ademáis elaborou xunto con nós uns …

Creando artistas ou espíritos libres na arte da flor! Leer más »

Celebración do Samaín no taller de Peiteado e Estética.

Nestes días celebrouse o Samaín en moitos lugares e no noso taller tamén quixemos facer algo relacionado con esta festividade, polo que decidimos realizar unhas maquillaxes moi especiais. O alumnado de 1º de Peiteado e Estética elaborou a súa versión de maquillaxes terroríficas e sentímonos moi orgullosos dos resultados. Están tan serios que dan medo! …

Celebración do Samaín no taller de Peiteado e Estética. Leer más »

Visita ao mercado de flores de defuntos en Cambados

O alumnado de 2º de FPB de Agroxardinaría visitou o mercado de flores de defuntos que se celebrou os días 28, 29 e 30 de outubro na praza de Fefiñáns (Cambados). Este evento, que é unha das feiras de defuntos onde se congregan un gran número de vendedores, aportoulle á nosa rapazada unha visión de …

Visita ao mercado de flores de defuntos en Cambados Leer más »