Salesianos

A escola salesiana

A nosa escola promove a educación integral dos alumnos/as de acordo coa percepción cristiá do home, da vida e do mundo, segundo o estilo de San Xoán Bosco e prepáravos para participar activamente na transformación e na mellora da sociedade.

A escola salesiana:
É unha escola popular polo clima que crea e porque dá preferencia ós mozos e ás mozas.
É unha escola a tempo completo que integra traballo e estudo, actividades artísticas, recreativas, culturais, relixiosas, sociais.
É unha escola en clave evanxelizadora na que promovemos o desenvolvemento persoal  e a maduración  na súa fe cristiá.

O estilo educativo

Na nosa educación adoptamos o estilo herdado de Don. Bosco que se caracteriza particularmente por estes trazos:

  • O criterio preventivo, polo que facemos propostas de experiencias positivas de ben e desenvolvemos cos mozos actividades que lles permitan superar as situacións nas que lles toca vivir.
  • O ambiente educativo, que debe distinguirse polo espírito de familia, o clima de ledicia e o sentido de festa, a invitación á creatividade e a dedicación ilusionada ó traballo cotiá.
  • A relación educativo-persoal, baséase na familiaridade, na confianza, na capacidade de acollida e de diálogo cos mozos e mozas.
  • A presenza-convivencia entre os mozos por parte dos educadores que participan na súa vida, animan as súas iniciativas e ofrécenlles elementos de continua maduración.
  • A experiencia asociativa entre os alumnos/as como resposta ás esixencias xuvenís de comunicación e de convivencia, como mediación entre o individuo e a comunidade, e como proposta e experiencia de compromiso humano y cristián.
  • Razón-Relixión-Amor, é dicir, o recurso ás forzas máis fondas e persoais de cada alumno/a: a razón, o afecto e a espiritualidade cristiá.

Na nosa escola salesiana favorecemos tamén a vivencia cristiá e o concepto de celebración gozosa da fe (Eucaristía) e da espiritualidade mariana, amor confiado en Deus e entrega incondicional á persoa.

Proposta Escola Salesiana

Proposta Educativa das Escolas Salesianas