Apaixonados polo UKELELE!

Tamén nós, en Salesianos, estamos apaixonados polo ukelele.

Este pequeno instrumento de corda ten alterado ao alumnado do noso cole, moitos foron os que se apuntaron este curso á actividade dos luns coa intención de aprender a tocalo.

O ukelele​ é un instrumento de corda pulsada, utilizado como instrumento principal na música das illas Hawai, Tahití e a illa de Pascua, que orixinalmente tiña cinco cordas. Son poucos os que coñecen a orixe real deste peculiar instrumento.

En realidade, a finais do século XIX, foron os portugueses que emigraron a Hawai os que levaron con eles instrumentos da súa terra: guitarras, rajãos e machetes (ou cavaquiños) e poucos anos despois, dos talleres dos ebanistas/ lutieres portugueses instalados en Honolulu, saíu un instrumento híbrido entre eles, coas dimensións, a afinación e as catro cordas que coñecemos actualmente.

A súa presenza no pavillón Hawaiano da Exposición Universal de San Francisco, no ano 1915 fixo que o ukelele se popularizara en Estados Unidos e tamén a nivel mundial. Aínda que na década dos sesenta decaeu a súa popularidade, o ukelele quedou ligado a grandes figuras de música. Resulta interesante botar unha ollada ás imaxes de Internet, Jonh Lennon, Paul McCartney, Elvis Presley ou Marilyn Monroe son algúns dos rostros coñecidos que poderemos atopar posando cun ukelele.

Aí vos van dúas curiosidades históricas:

¿Sabiades que instrumento acompañou a Neil Armstrong cando viaxou a Lúa, alá no 1969?

Efectivamente, o ukelele. Direivos máis, acompañouno en tódalas súas viaxes espaciais; un bo xeito de mata-lo tempo.

¿Cal foi o primeiro instrumento que aprendeu a tocar o celebre guitarrista Jimi Hendrix?

Correcto, un ukelele e unha armónica foron os instrumentos cos que Hendrix comezou a introducirse no mundo da música, antes de ter cartos para poder mercar unha guitarra. Foi tentador colgar nesta entrada unha fotografía que circula pola rede cunha fotomontaxe de Hendrix deleitandose cun ukelele ao máis puro estilo eléctrico, pero non queremos faltar a verdade. (Iso sí, podedes buscala en Internet porque é unha delicia)

Actualmente son moitos os artísta que utilizan o ukelele como un dos seus principais instrumentos e son moitas as cancións que enriquecen o seu son con este doce instrumento.

Artístas como Bruno Mars, Taylor Swift ou Billie Eilish son adictos a incorporar o ukelele nas súas composicións.

Mención especial para Israel Kamakawiwo’ole, que fixo unha versión do “Somewhere over the Rainbow” no ano 1993, ata o de agora segue sendo a canción máis famosa do mundo interpretada con ukelele.

Outra para David Rees, este xoven cantante británico, afincado en España, conseguiu 200 millóns de reproduccións en Internet co seu “De ellos aprendí”

Tamén os nosos rapaces están aprendendo as virtudes deste xeitoso instrumento. Buscando ratiños por todas partes, practicamos rasgueos, notas, afinación. En breve teremos nivel para dar os primeiros concertos, aínda que sabemos que a paciencia e a constancia serán fundamentais para converternos en virtuosos.

Para cerrar esta entrada, deixovos unha perliña; destas de tirar para a casa. Podería enlazar moitísimas cancións interpretadas con ukelele, e estou segura de que as disfrutariades moito, pero un día Xoel López e Iván Ferreiro, miraron cara o Atlántico……, un ukelele, dúas voces……………………. Non fai falta máis.

Que o desfrutedes!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *