Comedor

Máis que un simple comida

O servizo de comedor enmárcase dentro do noso sistema educativo.

Non quere simplemente satisfacer o crecemento e fortalecemento corporal, senón que é un espazo educativo como calquera actividade colexial.

Así, ademais do esmerado menú diario, pretendemos que os nosos comensais crezan e maduren en compañeirismo e sentido social.

Como ejemplarizamos este desexo?

  • Cada un ten unha servilleta (de tea e distinta cor por mesas), que coloca cada día , despois de comer, nunha marcadora para o seu uso persoal.
  • Por quenda recollen os pratos e cubertos da mesa, compartindo esta tarefa, de forma que o recinto do comedor apareza limpo e ordenado.
  • O menú é único para todos, excepto casos moi significados ( celíacos, etc.).Tentamos que aprendan a comer sen “ particularismos”.
  • Son os mesmos compañeiros de 4º quen exerce de camareiros. Non hai problemas. Saben respectar e convivir.

Responsables: D. Antonio Fernández, Dna. Noemí López e D. Secundino Rodríguez Lozano

Menú de Novembro

Podes descargar o menú de este mes en pdf premendo no seguinte icono: