Pretendemos ser unha escola inclusiva que acolla a todos e cada un, cun talante baseado na proximidade e na creación dun ambiente educativo rico en valores evanxélicos ao estilo do Sistema Preventivo de Don Bosco.
Buscamos unha educación integral que axude a crecer como persoa e como cristián, soñando un mundo mellor.
Favorecemos unha escola a tempo completo: tempo libre educativo e conciliación familiar.
Apostamos pola innovación pedagóxica: as novas metodoloxías, o plurilingüismo e as tecnoloxías como instrumentos pedagóxicos.
Avalamos o protagonismo do alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe, e aspiramos desde o sentido crítico á construción dun mundo máis humano.