Curso de Inglés

Curso de Inglés en Irlanda

Tal como está a suceder na maioría dos sistemas educativos europeos, o centro Salesianos “A Mercé” de Castrelo-Cambados estalle a dar cada vez maior importancia á aprendizaxe do inglés, tendo en conta a evidente necesidade de desenvolver a competencia plurilingüe e intercultural que caracteriza á nosa realidade.

Dende o noso Centro queremos continuar un ano máis co Programa de Inmersión Lingüística que vimos desenvolvendo dende hai xa varios anos en Irlanda. O alumnado terá a oportunidade de vivir con familias irlandesas, de asistir a clases de inglés pola mañá e participar en distintas actividades pola tarde de xeito que se vaian adentrando na cultura e as tradicións típicas de Irlanda con total naturalidade: hurling, fútbol gaélico, Irish dancing, hípica, pitch and putt e piscina. Os sábados realizarán excursións de día enteiro a distintos pobos. A segunda semana pasarán dous días en Dublín, capital da República de Irlanda e percorrerán a cidade disfrutando dos distintos museos, catedrais, unha das universidades con máis tradicións de Europa, o Trínity e as súas rúas.

Deste xeito, o noso alumnado terá a oportunidade de aprender de xeito natural e de poñer en práctica os coñecementos adquiridos ó longo do curso.