Ruta da Pedra e da Auga

O 24 de novembro, o alumnado de 1ºESO realizou a actividade complementaria da Ruta da Pedra e da Auga.

Os obxectivos máis importantes da actividade eran dous. Practicar actividade física na naturena e realizar unha xornada de convivencia.

Outros dos obxectivos da actividade foron coñecer e por en valor o noso patrimonio cultural, especialmente o uso que no pasado tiña os muíños de auga.

A semana anterior o alumnado de 1ºESO realizara a actividade complementaria da visita á Granxa Escola Serantellos, anexa ó noso cole.

Entre outras actividades se lle explicara o funcionamento dos muíños e a elaboración de pan.

Coa fariña que eles mesmos fixeran comezaron a facer a masa do pan. Xogaron coa masa dándolles múltiples formas ata que finalmente lle deron a forma de bolo de pan.

No propio día da Ruta da pedra e da Auga coñeceron como desviaban o cauce do río para levar auga os muíños. Déronse conta que tamén son lugares moi bos para descansar e botar unha parrafada.

Despois de facer sendeirismo ata a área recreativa dos Muíños de Meis chegou o momento de facer o xogo de orientación. Explicouse como manexar un mapa e coa axuda deste tiveron que buscar pistas.

O espíritu competitivo dos nosos alumnos/as fixo que estivesen correndo dun lado para outro co ánimo de ser o primeiro en rematar o xogo.

Ó mesmo tempo, sen que eles se percatasen no momento, ían descubrindo o patrimonio cultural galego. Piornos, pilóns de lavar a roupa, carros de vacas, capelas, muíños…

Durante o xogo tamén había momentos para posar para sacar fotos, que viña ben para recuperar folgos.

E despois do xogo houbo o momento de tempo libre antes do xantar.

Moitos quixeron practicar exercicios ximnásticos.

Houbo tamén quen quixo facer manualidades.

Ás 13:45h chegou D. Manuel Cachaldora cos bocatas. Había apetito e houbo outro gran momento de convivencia durante o xantar. Presta moito estar cos amigos e as amigas comendo ó aire libre.

Chegou o momento de volta ó cole. Aproveitouse para explicar a sinalización dunha ruta de sendeirismo.

As marcas de cor branco e amarelo sinalan sendeiros de “curto percorrido” e as vermellas e brancas de “longo percorrido”.

Básicamente hai tres tipos: desviación do camiño, camiño correcto e camiño incorrecto.

A espectacularidade botánica do percorrido fixo que moitos amosaran curiosidade polas especies arbóreas e distintas prantas que veían polo camiño. Iso o tratarán con máis profundidade na primaveira na materia de bioloxía.

Como querían seguir as sinais do sendeiro tiveron que pasar por unha antiga ponte de pedras, a pesar de que hai camiño alternativo.

E finalmente chegamos ó noso cole. Aínda que algúns aínda tiñan ganas de coller un balón e porse a xogar, bastantes sí notaban o cansanzo nas pernas.

Foi un bo momento para que o noso administrador, Pepelu, lle contara quen fora Bartolomé Garelli.

De Bartolomé Garelli, un rapaz moi importante na historia da vida de Don Bosco, non se van a esquecer porque formaba parte do xogo de orientación. Que dor de cabeza lle deu a algúns o apelido Garelli!

Seguramente Don Bosco, no seu tempo, fixera algunha actividade parecida a de hoxe, posto que eran famosos os seus paseos outonales, nos que sacaba ós seus rapaces da cidade de Turín e os levaba de excursión ó campo.

Xornada de convivencia que quedará na memoria da nosa rapazada e da dos seus profes acompañantes, David e Toni.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *