Disfrutando na Granxa-Escola

Este curso estamos retomando moitas das actividades complementarias que estiveron en pausa por mor da pandemia, e unha das máis demandadas era a visita á graxa escola do noso colexio, e por fin a nosa rapazada puido desfrutar desta xornada.

Acolleron a noticia con moito entusiasmo e emoción, sobre todo porque este ano ía ser a primeira visita á granxa do alumnado de 1º e 2º da ESO e tamén dos compañeiros e compañeiras de FPB de agroxardinería e peiteado. 

O mes de novembro foi o escollido para que, en varias quendas, todos os cursos puideran desfrutar dunha xornada de convivencia e aprendizaxe fóra das aulas, desfrutando das instalacións únicas do noso cole.

O alumnado de 1º da ESO foi o primeiro grupo que disfrutou dun día estupendo e cheo de actividades. Comezaron por un intinerario de mamífeos e aves da granxa.

Continuaron elaborando pan e fixeron saquiños de aromáticas que levaron de recordo e que espertaron en eles moitas curiosidades.

Por último remataron a xornada cunha manualidade moi creativa na que convertiron un pouco de serrín, sementes e trozos de medias, nun Cespín Serafín o cal lle crecerá o pelo se o manteñen en auga.

Os seguintes en aprender e descubrir máis cousas sobre a Granxa-Escola foron a rapazada de 2º de ESO.

Nesta quenda tamén disfrutaron do itinerario de mamíferos e aves na cal se deixou ver o seu amor cara os animais.

A continuación elaboraron varios reclamos de animais os cales puxeron en práctica.

Remataron esta lúdica mañá coa elaboración dunhas ricas rosquillas e un xogo de preguntas moi interactivo que disfrutaron moito.

Os nosos alumnos e alumnas de 3º da ESO tamén tiveron a oportunidade de aprender e divertirse nunha mañá repleta de actividades.

Neste caso comezaron por elaborar unhas deliciosas empanadillas de cabelo de anxo e pan de especias de Dijon. Para elo recolleron as cabazas, amasaron e rechearon a masa e listo!

O itinerario de mamíferos e aves é o momento máis tenro da xornada e senón mirade como disfrutan todos eles.

Remataron unha xornada chea de creatividade cun paseo ambiental para recoller xuncos e aros de mimbres cos cales elaboraron unha cruz celta de Santa Brígida e un colgante celta de madeira.

O curso da ESO máis veterán, o alumnado de 4º da ESO, tamén tivo unhas actividades repletas de emción na xornada da Granxa-Escola.

Na sua quenda coñeceron o proceso e a realización das típicas galletas de xenxibre e os tan ricos alfajores con dulce de leite. Tamén houbo tempo para preparar e degustar un quente té de especias (masala chai).

Non podía faltar o paseo ambiental para espertar curiosidades e recoller xuncos e aros de mimbre cos que fabricaron a cruz celta de Santa Brígida.

A mañá rematou coa elaboración dun Cespín Serafín e o Gran xogo da “Descuberta histórica nos xardíns do Paseo Serantellos” que resultou moi entretida para todos eles.

O noso último grupo e non menos importante foi o da rapazada de FPB (Agroxardinería e Peiteado) que xuntos formaron un equipo.

Nesta quenda comezaron por elaborar o famosos Cespín Serafín que trouxo consigo grandes descubirmentos no campo creatividade.

A xornada matutina continuo coa elaboración dunhas deliciosas rosquillas de anís e galletas de xenxibre.

Non podía faltar a ración de agarimos aos nosos animais tralo itinerario pola Granxa-Escola.

Rematamos esta xornada cos nosos mozos e mozas tras o Gran xogo dos acertixos coa temática da granxa que moito lles gustou.

Esperamos que estas xornadas poidan seguir repetíndose, xerando no centro un ambiente máis ameno, positivo e vivencial.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *