Instalacións

Granxa-escola

A granxa escola Serantelos, é un espazo destinado a facilitar un coñecemento do noso Medio rural, e así lograr un cambio de actitudes e valores nas xeracións futuras.

Con esta experiencia posibilitamos aos nenos para que teñan uns días de convivencia nun medio diferente ao habitual, fóra do ámbito escolar e familiar, e, adquirir actitudes de respecto a a Natureza e ao Mundo Rural.

É un centro dirixido a escolares desde Educación Primaria a Secundaria.

A granxa escola Serantellos dispón dun equipo formado por unha Coordinadora do equipo (Enxeñería Técnica Agrícola e Coordinadora de Tempo Libre), cun grupo de colaboradores ( biólogos, animadores xuvenís e persoal de granxa).

É unha oferta educativa complementaria cun programa específico de medioamiente e actividades agropecuarias.

A nosa granxa-escola realiza, entre outras, as seguintes actividades:

  • Achegamento aos animais da granxa.
  • Taller de transformación de alimentos: pan artesanal, galletas de  xenxibre, rosquillas de anís…
  • Actividade na horta ecolóxica (plantar,  bolsiña de sementes, facer sementeiros, etc)

Instalacións deportivas

Entre  as amplas instalacións do Centro podemos atopar:

  • Pabellón
  • Canchas de baloncesto.
  • Campos de fútbol sala
  • Campo de fútbol 11
  • Campo de Voleibol