Proxecto Resiliencias

A RESILIENCIA continúa nas aulas do CPR Salesianos A Mercé

Analizando as noticias que ían chegando a semana pasada sobre a expansión do Covid-19 e prevendo unha posible suspensión temporal da actividade lectiva, o noso centro decidiu poñer en marcha unha ferramenta máis do G-Suite que implantaramos xa ao longo deste curso, trátase de Google Classroom. Deste xeito, o noso alumnado foi aprendendo a traballar …

A RESILIENCIA continúa nas aulas do CPR Salesianos A Mercé Leer más »

A MÚSICA INCLUSIVA E AS EMOCIÓNS CON ROBERT PIER

Grazas ao Proxecto Resiliencias, a mañá do pasado 20 de febreiro tivemos a gran sorte de ter connosco a Robert Pier, unha persoa chea de luz e un gran exemplo de “RESILIENCIA” que conseguiu encher de enerxía e emocións os nosos corazóns a través da música inclusiva e participativa. Robert foi entrevistado por algúns alumnos …

A MÚSICA INCLUSIVA E AS EMOCIÓNS CON ROBERT PIER Leer más »

Unha raiola de Sol para GaliciAME

O 11 de novembro, a pesar de que tódalas previsións auguraban unha mañá invernal de chuvia, o tempo deunos unha tregua que nos permitiu alzar o voo acompañados de tódolos centros de Cambados por unha nobre causa, recadar fondos para GaliciAME. Acubillada no Proxecto Resiliencias, a Carreira Solidaria en favor de GaliciAME comezou a coller …

Unha raiola de Sol para GaliciAME Leer más »

Hoxe coa ONCE

Hoxe, martes 29 de outubro, o alumnado do noso centro realizou unhas actividades para experimentar sensacións parecidas ás que poidan ter as persoas con discapacidade visual. Estas dinámicas forman parte do Proxecto Resiliencias do centro. As actividades foron desenvolvidas pola ONCE nas instalacións do noso colexio. Practicaron a escritura braille e fixeron unha actividade de …

Hoxe coa ONCE Leer más »

CURSO DE FOTOGRAFÍA 3º ESO

Rematamos hoxe o fantástico curso de fotografía que impartiu aos rapaces e rapazas de 3ºESO, Alberto Rodríguez. Este antigo alumno do cole, amigo personal de Merchi e fotógrafo oficial de Galiciame, soubo captar a nosa atención ao longo de dúas incribles sesións de traballo onde non só nos ensinou técnica e composición fotográfica, senon que …

CURSO DE FOTOGRAFÍA 3º ESO Leer más »

Un proxecto que xera conciencia.

Resiliencia, esta palabra para un profesor de tecnoloxía coma min significaría a capacidade dun material para regresar á súa forma orixinal despois de que se lle aplicou unha forza de deformación. Pero non, este proxecto vai enfocado a todas esas persoas, que a pesar de ter dificultades engadidas, esfórzanse por superalas. Por todos eses loitadores, …

Un proxecto que xera conciencia. Leer más »