Hoxe coa ONCE

Hoxe, martes 29 de outubro, o alumnado do noso centro realizou unhas actividades para experimentar sensacións parecidas ás que poidan ter as persoas con discapacidade visual. Estas dinámicas forman parte do Proxecto Resiliencias do centro.

As actividades foron desenvolvidas pola ONCE nas instalacións do noso colexio. Practicaron a escritura braille e fixeron unha actividade de técnica guía.

Un día máis acudiu ó noso centro Merchi Álvarez, a nosa abanderada do Proxecto Resiliencias. Ela foi a encargada de presentar a Mariam e Irene, as monitoras da ONCE, ás que lles agradecemos a súa disponibilidade en acudir ó colexio e o cariño con que transmitiron os seus coñecementos ó noso alumnado.

Na actividade de braille, Mariam transmitiu a necesidade que teñen as persoas con discapacidade visual de poder desenvolerse na sociedade, pero sobre todo sentirse útiles para os demais.

Os métodos de lectura existentes para as persoas cegas son: a lupa, a sonora e o braille.

Mariam ensinou a importancia que teñen estas persoas de dominar a escritura braille. O braille debe o seu nome ó profesor francés, Louis Braille, que foi a persoa que buscou un xeito de escritura para as persoas cegas, desde ler un libro, distinguir unha caixa de medicamentos… Para iso necesítase constancia, memoria, tacto e paciencia.

Os nosos alumnos e alumnas dispuxeron de máquinas Perkins e regras/alfabeto braille.

Ensináronnos que cada letra está formada por unha combinación de números.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es 20191029_124900-1024x512.jpg

Cada alumno tivo a oportunidade de escribir en braille o seu nome nun papel e poder levalo de recordo.

Outra activiade que fixeron, dirixidas por Irene, foi a de “técnica guía”. Aprendemos como hai que axudar a unha persoa cega. En primeiro lugar hai que preguntarlle se necesita axuda ó mesmo tempo que se lle toca para que saiba que nos estamos dirixindo a ela; posteriormente a persoa tenos que coller polo cóbado; se imos subir ou baixar escaleiras hai que facer unha micropausa despois do derradeiro escalón.

Hai dous tipos de bastóns. O branco é para as persoas cegas e o branco/vermello para as sordocegas. Irene ensinounos como hai que utilizar o bastón. Primeiro hai que saber que lonxitude ten que ter. Debe chegar, apoiado no chan, ata o inicio do extremo inferior do esterno. Debe moverse coa punteira polo chan e cun ángulo de percorrido do ancho dos ombros.

Experimentaron deficiencias visuais con distintos tipos de lentes especiais, desde os escotomas (moitas manchas polo campo visual), carencia de agudeza visual, carencia de visión periférica…

Na “técnica guía” puxéronse por parellas de xeito que un estaba con anteface e o compañeiro tíñao que guiar polo centro.

Durante o recreo algúns xogaron ó fútbol para cegos.

E como non podía faltar, como nas actividades anteriores do Proxecto Resiliencias, as nosas invitadas de honra da ONCE asinaron no noso “Muro da superación persoal”.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *