Os xabóns: ciencia e artesanía

O alumnado de 1º dos CFGB de Agroxardinaría e Composicións Florais e Peiteado e Estética traballou na materia de Ciencias Aplicadas as substancias homoxéneas, exotérmicas, así como as mezclas e disolucións mediante a técnica de fabricación de xabóns.

O primeiro paso foi facer unha búsqueda de información sobre o proceso de saponificación e as posibles técnicas para poder facer xabón dende cero.

Despois de coñecer como é o proceso e os principais elementos necesarios para a fabricación dun xabón (aceite, auga e sosa cáustica), chegou o momento de escoller a receita.

Como peculiaridade deste proxecto, cada alumno tivo que escoller un elemento que lle quixera engadir ó seu xabón: canela, lavanda, árbore de té, café, flores silvestres (deshidratadas), suavizante... de este xeito cada quen tería o seu xabón persoalizado.

Nesta práctica aprendemos moitas cousas. Por exemplo a reutilizar os residuos xerados, como é o aceite do noso comedor escolar. Aprendemos a filtralo e ver a diferenza entre o aceite filtrado e sen filtrar.

Repasamos as normas de laboratorio e tivemos especial cuidado cos elementos perigosos (como é o caso da sosa). A seguridade no laboratorio é o primeiro.

Repasamos as matemáticas para facer a cantidade de xabón necesaria para que todo o alumnado puidese traballar nesta práctica de laboratorio.

Descubrimos as reacción exotérmicas coas nosas propias mans. Cando mezclamos a sosa coa auga, prodúcese unha reacción exotérmica, na que a mezcla alcanza unhas tempraturas moi altas! Por enriba dos 40 º en poucos segundos, e o alumnado puido comprobar, sempre con moito coidado, como se quentaba o vaso de precipitados.

Pero sobre todo desfrutamos experimentando e creando os nosos xabóns artesanais aprendendo coa ciencia e reutilizando os recursos que temos no noso propio centro educativo.

Noraboa rapazada polo traballo realizado!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *