A FP Básica

Moito escoitamos falar da Formación Profesional, pero que é a Formación Profesional Básica?

A chamada Formación Profesional Básica , foi instaurada pola lei de educación LOMCE para ofrecer unha opción formativa alternativa á ESO aos mozos que presentan un maior risco académico para obter o Graduado en Secundaria e afrontar o abandono escolar.

E dicir….

A finalidade desta formación é a de favorecer a inserción Social, educativa e laboral dos mozos entre 15 e 17 anos que abandonan o sistema educativo sen o título de Educación Secundaria Obligatoria

Os ciclos de grao básico, son estudos voluntarios que teñen unha duración de dous anos académicos e están dirixidos a mozos e mozas que non remataron a ESO e queren proseguir coa súa formación reglada.

É unha opción alternativa para que sigan estudando cun doble obxetivo:

  • Recuperar as competencias xerais básicas que non obtiveron na ESO.
  • Seguir unha formación de tipo profesional que lles oriente sobre posibles saídas ao meracado laboral.

Son estudos de oferta obrigatoria e gratuíta.

No noso centro temos dúas Familias Profesionais: AGRARIA e IMAXE PERSOAL , a nosa oferta formativa inclúe 1º,2º,3º e 4º da ESO e a formación en ciclos básicos de:

  • Agroxardinaria e Composicións Florais.
  • Peiteado e Estética.

Deixovos unhas imaxes do traballos que desenvolven a cotío o noso alumnado de ciclos .

Esta entrada no blog é un homenaxe a eles e elas, por superarse cada día.

Recordade que este sábado día 11 temos Xornada de Portas Abertas para que poidades ver o noso centro.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *