Xuntos no 8M

Nun día tan especial coma este 8M de 2023, alumnos e alumnas, profesores e profesoras unímonos nun xesto conxunto de empoderamento feminino.

Decoramos un fermoso panel conmemorativo onde expresamos as cualidades máis importantes dunha muller.

Dende Salesianos “A Mercé” queremos deixar claro que a loita pola igualdade recae tanto nas nenas coma nos nenos. O compromiso por unha sociedade máis xusta e paritaria parte dunha educación baseada no respecto mutuo e na posta en valor dos xéneros.

Durante esta semana elaboramos, dende as distintas clases, unha lista con todas as cualidades positivas que as nenas ven en sí mesmas e todas as cualidades positivas que os nenos valoran na muller.

Nos catro idiomas oficiais do colexio fomos escribindo ideas sobre os aspectos que deben vencellarse coa muller do seculo XXI.

Así somos as mulleres en Salesianos:

“Son muller, soy cariñosa,, I´m intelligent, je suis forte, son sensible, soy una roca, I´m independent, je suis libre, son tenaz, soy creativa, I´m multitasker, je suis aimant, son empática, soy humilde, I´m worker, je suis équitable, son comprometida, soy solidaria…”

E así nos ven os nosos rapaces:

“Es amiga, eres lista, you are sweet, tu es belle, es leda, eres valiente, you are talented, tu es intelligente, es madura, eres diferente, you are persevering, tu es courageuse, es doce, eres empática, you are brave, tu es mûr…”

Gracias a todos e a todas pola vosa colaboración, polo voso respecto e por traballar xuntos na loita da igualdade.

Feliz día da muller!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *