“Ikigai”, unha vida que mereza a pena

Ikigai é un concepto xaponés. Combina as palabras xaponesas ikiru, que significa “vivir”, e kai, que significa “a realización do que se espera” ou “o que ten valor”. Así, ikigai sería “a razón de vivir” ou “o propósito da vida”. Coñecer o noso propio ikigai permítenos non só tomar decisións máis precisas e aliñadas coa nosa esencia, senón tamén vivir cunha maior sensación de realización.

Dimensións do Ikigai

Catro preguntas para buscar o noso Ikigai

– Que é o que me gusta?

– En que son bo ou boa?

– Que necesita o mundo e podo aportar eu?

– É algo polo que me poden pagar?

Non é doado atopar respostas positivas e coherentes ás catro preguntas. A maioría nin sequera reflexionou sobre elas. As persoas tendemos a favorecer, pragmáticamente, o que supón obter ingresos. Os e as que deciden estudar ou facer o que lles gusta, fano a miúdo renunciando aos ingresos e ao benestar noutros ámbitos. En xeral, un é bo ou boa no que lle gusta, pero facerse bo en algo require traballo, esforzo, constancia… Unha parte importante da realización persoal é ser socialmente útil, facer algo polos demais; pero isto non sempre coincide cos desexos e capacidades das persoas e coa posibilidade de cobrar polo que fan.

Moitas veces Ikigai ten pouca ou ningunha relación co traballo. Nunha enquisa realizada en Xapón só o 30% dos entrevistados/as citaron o traballo como o seu Ikigai. O ideal, obviamente, sería que o traballo fose unha fonte de felicidade, realización persoal e ingresos ao mesmo tempo.

A orixe do Ikigai

Ikigai é a motivación para levantarse pola mañá, un motivo que dá sentido á vida. Todos podemos atopar o noso ikigai, só é cuestión de buscalo nas distintas etapas da vida. Okinawa, unha illa remota do Xapón, é unha das zonas do mundo onde viven as persoas máis lonxevas, máis de 100 anos (as chamadas zonas azuis). Preguntando sobre as razóns da súa lonxevidade, a xente cita a alimentación (unha dieta saudable, en gran parte vexetal), hara hachi bu (comer ata o 80% de cheo), actividade física, socialización e, por suposto, dun xeito especial, amigos (moai), contar cun grupo social, unha rede de apoio, manterse mentalmente activo, cultivar a espiritualidade e atopar Ikigai.

Non hai un só Ikigai para sempre. As persoas cambian co paso do tempo e as realidades e as circunstancias tamén. Podemos chegar a ter moitos Ikigais ao longo da vida. É un proceso de busca permanente.

Ikigai para escoller estudos, carreiras, decisións sobre o futuro

O Ikigai pode ser moi útil cando temos que tomar decisións importantes como que estudar, que carreira escoller ou que traballo buscar.

Os e as adolescentes e mozos e mozas vense obrigados a elixir a súa vida -estudos, carreira, traballo- nunha idade na que non están preparados para facelo. Non debería sorprender a frecuencia coa que os mozos e mozas escollen malas carreiras e as altas taxas de abandono universitario. Unha orientación vocacional axeitada e oportuna pode ser de gran axuda, pero a maioría do alumnado non a recibe e aínda isto é insuficiente para tomar decisións razoables non só desde o punto de vista da información senón tamén desde as emocións, vocacións e talentos de cada persoa.

Nestas situacións, o Ikigai pode ser moi útil xa que ofrece un xeito profundo, completo e personalizado de tomar decisións. É un exercicio de introspección que se pode facer só ou con outros e que pode ser facilitado por unha persoa cuxo criterio e experiencia son de confianza.

Coñecer o noso propio Ikigai permítenos non só tomar decisións máis precisas e aliñadas coa nosa esencia, senón tamén vivir cunha maior sensación de realización. Neste mundo tan diferente e ao mesmo tempo tan marabilloso, é unha obriga incuestionable traballar o Ikigai na ESO e na FPB, obviamente se queres facelo antes tamén podes facelo, pero nesta etapa é sumamente necesario.

Descubrir Ikigai é ‘descubrirse a un e a unha mesmo/a, descubrir por que chegamos a este mundo e descubrir o que se vai deixar atrás cando se marche’. É algo moi profundo e revelador que dá motivación, entusiasmo e sentido a todo o que se fai na vida.

Deíxovos un fragmento da entrevista a Francesc Miralles, un dos responsables de dar a coñecer en Occidente o concepto xaponés Ikigai, no canal  BBVA Aprendemos juntos, o cal vos recomendo.

Queres facer un test que che oriente a atopar o teu Ikigai?

Se quedaches con ganas de saber máis…

El pequeño ikigai: Cómo encontrar tu camino en la vida (Destino)
Sigue tus sueños. Ellos saben el camino.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *