Arrincando motores
Chega a primavera e a todos nos altera…..sobre todo na xardinaxe, que época tan movida, animada e colorida!. Canto traballo nos queda…. temos que seguir coa limpeza das malas herbas, rastrexar, sementar, transplantar, plantar … canto traballiño!.
Menos mal que os alumnos de 1º Agro non se engurran! aí están, cada día, traballando, aprendendo e disfrutando.
Comezamos coa limpeza das xardineiras, neste caso, arrincando o agapanto co obxectivo de deixarlle máis sitio ás roseiras, unha tarefa que nos levou varias sesións.
Facéndolle sitio as roseiras
Velaquí podedes ver como os agapantos invadían as roseiras
Decidimos quitalos, tranquilos, non desapareceron temos máis noutras partes de finca, pero as roseiras levaban más tempo, gañou a antigüidade.
Roseiras 1 – Agapanto 0
Adeus agapanto!
E así quedou a xardineira sen o agapanto tras unhas semáns. Ben feito rapaces!!
Pero o rápido que medran as malas herbas, aquí imos, é hora de limpar
Imos á seguinte tarefa, agora toca plantar xeranios e pensamentos
Xeranios
Pensamentos
Seguimos limpando macetas, cambiando substrato, aboando, plantando e facendo escallos, segue o proceso nas seguintes imaxes!!
Mantemento de instalacións…
Se é que estes alumnos son incribles, aprenden e enseguida queren facelo, mirade que ben lle deixaron o valado de Noa!!! Gracias Esperanza pola a túa inestimable axuda.