Aprendemos novas técnicas pictóricas

Este martes o alumnado de 1º da ESO iniciou o seu novo traballo de artístico da 3ª avaliación. Unha vez rematados os esgotadores exames e finalizada a 2ª avaliación, afrontamos a derradeira fase do curso. Nada mellor para despexar as mentes sobrecargadas que relaxarnos coas cores e as técnicas artísticas e deixarnos levar pola creatividade.

Nesta pequena tarefa artística experimentaremos cun material xa coñecido como son as ceras brandas e aprenderemos a utilizar o coloreado a través de tramas e a técnica da transferencia.

O debuxo con trama xorde da necesidade de recrear os obxectos en tres dimensións. É dicir, nace para crear o efecto de volume, especialmente no trazo do lápiz contra o papel. Coa trama tamén se poden facer sombras ou crear a profundidade en varios fondos. A palabra, trama significa «fíos enredados». No mundo da arte mantén o seu significado máis explicito, só que estes fíos son representados de xeito pictórico.

En liñas xenerais, a representación de liñas máis xuntas xerán sensación de oscuridade. Ao contrario, as liñas separadas e a disminución do número dan claridade e luz a área requerida. 

Aquí vedes ao alumnado de 1º traballando con moita delicadeza as tramas sobre o debuxo para conseguir provocar o volume dunhas mazás.

Traballamos trama lineal, trama curvada e trama policromada. Nunha primeira parte de explicación teórica aprendemos os trucos da técnica. Un traballo con calma, liña a liña, modificando a distancia entre elas e a presión cos lápices de cor.

Concentrados na orientación do trazo, na presión que se exerce co útil; a verdade e que canto máis practicaban, mellores resultados se observaban nos debuxos. As 13:45h. esas mazanciñas comezaban a verse moi apetitosas.

Despois chegou o momento da explicación da técnica da transferencia. Creamos un papel de calco grazas ás ceras blandas cun frotado continuo, enchemos o papel de materia. Despois conseguimos transferir unha imaxe dun folio a outro cun lixeiro rascado, mantendo o entramado de liñas que máis nos interesaba. O resultado sempre é do máis espectacular!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *