Namorados da vida

O alumnado de 2º de FP básica de Agroxardinería e composicións florais estivo a realizar estes días actividades relacionadas co día dos namorados. O alumnado elaborou diferentes montaxes como tarros de cristal con cactus, centros de flores, photocall, cruces de Santa Bríxida, lapiseiros de bambú, sobres de sementes, chaveiros con material reciclado, colgantes e pulseiras con resina epoxi…. Tamén empregaron material reciclado para crear estes elementos decorativos.

A primeira fase , e a máis importante, é a recollida do material vexetal.

Despois a preparación e secado mediante diferentes técnicas como secado ao aire, secado en estufa, con xel sílice, con sal de secado etc.

E, por último, a elaboración final con todo o agarimo do noso alumnado.

Despois de todo o duro traballo que leva realizado o alumnado durante este último mes, ao final conseguiron montar este incrible escaparate para deleite do resto do alumnado do centro, profesorado e deles mesmos, que se sentiron moi orgullosos polo traballo realizado.

Parabéns rapazada, sen vós isto sería imposible. Fixéchedes un traballo incrible! Ánimo para o seguinte escaparate. Grazas tamén ao profesorado que nos axudou na montaxe final. Apertas para todos. Namorádevos da vida.

2 comentarios en “Namorados da vida”

  1. Os meus parabéns por un traballo tan ben feito.
    Nótase que se traballa con moitas ganas e ilusión.
    A seguir con moito ánimo, tanto para a profesora como para o alumnado.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *