IMATXINA, o lugar onde soñar coas matemáticas

O xoves día 5 de marzo, o alumnado de 1ºA participou na XVI Edición de IMATXINA, evento organizado pola Fundación Escola Rosalía, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo.

Os obxectivos desta actividade, entre outros, son: sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo, sensibilizándonos de que as matemáticas poden ensinarse e aprenderse de xeito atractivo; favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares; aprender a traballar en equipo valorando e respectando as opinións propias e as dos demais, fomentando a imaxinación e a creatividade.

Os rapaces e as rapazas participaron de xeito activo nos nove obradoiros didácticos de matemáticas manipulativas que se lles plantexaban. Traballaron con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas, estatística e ilusións ópticas. O alumnado tivo a oportunidade de manipular os distintos materiais a medida que ían rotando por tódolos obradoiros.

Resultou unha experiencia moi positiva para o alumnado, xa que puideron desfrutar das matemáticas dun xeito experiencial e participativo, afianzando os seus coñecementos nesta materia, desenvolvendo as súas habilidades para argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar …

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *