Hoxe no colexio celebramos o Magosto-Samaín.
Os alumnos de 2ºESO foron os organizadores da actividade. Durante a semana pasada estiveron preparando os xogos populares. En clases de galego buscaron información en internet sobre os xogos tradicionais galegos, e en clase de Educación Física foron preparando o material para xogar.
Amenizado polos nosos “pipas”, con música tradicional galega, disfrutamos dunha boa tarde de outono, onde non puideron faltar as castañas.
Puidemos disfrutar dos seguintes xogos:
Salto á corda. Algúns, co aliciente dun bocadillo gratis mañán, conseguiron dar máis de 50 saltos seguidos.
E a continuación vos amosamos fotos dos diferentes xogos.
Carreira de sacos
Xogo do aro
O noso tradicional “pescar” nas botellas.
Petanca
Despois dun pequeno descanso para repoñer enerxía coa degustación das castañas, repartíronse uns agasallos para as mellores carteleiras de aulas, que este ano foron 3ºA e 4ºB.
3ºA
E rematamos a tarde co tradicional concurso de tiro da corda por clases que facemos todos os anos. Os nosos amosaron estar moi fortes, facendo rechinar a corda.
Outro día de gran convivencia nos salesianos.