O alumnado de 1º dos CFGB de Agroxardinaría e Composicións Florais e Peiteado e Estética traballou na materia de Ciencias Aplicadas as substancias homoxéneas, exotérmicas, así como as mezclas e disolucións mediante a técnica de fabricación de xabóns.
O primeiro paso foi facer unha búsqueda de información sobre o proceso de saponificación e as posibles técnicas para poder facer xabón dende cero.
Despois de coñecer como é o proceso e os principais elementos necesarios para a fabricación dun xabón (aceite, auga e sosa cáustica), chegou o momento de escoller a receita.
Como peculiaridade deste proxecto, cada alumno tivo que escoller un elemento que lle quixera engadir ó seu xabón: canela, lavanda, árbore de té, café, flores silvestres (deshidratadas), suavizante... de este xeito cada quen tería o seu xabón persoalizado.
Nesta práctica aprendemos moitas cousas. Por exemplo a reutilizar os residuos xerados, como é o aceite do noso comedor escolar. Aprendemos a filtralo e ver a diferenza entre o aceite filtrado e sen filtrar.
Repasamos as normas de laboratorio e tivemos especial cuidado cos elementos perigosos (como é o caso da sosa). A seguridade no laboratorio é o primeiro.
Repasamos as matemáticas para facer a cantidade de xabón necesaria para que todo o alumnado puidese traballar nesta práctica de laboratorio.
Descubrimos as reacción exotérmicas coas nosas propias mans. Cando mezclamos a sosa coa auga, prodúcese unha reacción exotérmica, na que a mezcla alcanza unhas tempraturas moi altas! Por enriba dos 40 º en poucos segundos, e o alumnado puido comprobar, sempre con moito coidado, como se quentaba o vaso de precipitados.
Pero sobre todo desfrutamos experimentando e creando os nosos xabóns artesanais aprendendo coa ciencia e reutilizando os recursos que temos no noso propio centro educativo.
Noraboa rapazada polo traballo realizado!