Moito escoitamos falar da Formación Profesional, pero que é a Formación Profesional Básica?
A chamada Formación Profesional Básica , foi instaurada pola lei de educación LOMCE para ofrecer unha opción formativa alternativa á ESO aos mozos que presentan un maior risco académico para obter o Graduado en Secundaria e afrontar o abandono escolar.
E dicir….
A finalidade desta formación é a de favorecer a inserción Social, educativa e laboral dos mozos entre 15 e 17 anos que abandonan o sistema educativo sen o título de Educación Secundaria Obligatoria
Os ciclos de grao básico, son estudos voluntarios que teñen unha duración de dous anos académicos e están dirixidos a mozos e mozas que non remataron a ESO e queren proseguir coa súa formación reglada.
É unha opción alternativa para que sigan estudando cun doble obxetivo:
- Recuperar as competencias xerais básicas que non obtiveron na ESO.
- Seguir unha formación de tipo profesional que lles oriente sobre posibles saídas ao meracado laboral.
Son estudos de oferta obrigatoria e gratuíta.
No noso centro temos dúas Familias Profesionais: AGRARIA e IMAXE PERSOAL , a nosa oferta formativa inclúe 1º,2º,3º e 4º da ESO e a formación en ciclos básicos de:
- Agroxardinaria e Composicións Florais.
- Peiteado e Estética.
Deixovos unhas imaxes do traballos que desenvolven a cotío o noso alumnado de ciclos .
Esta entrada no blog é un homenaxe a eles e elas, por superarse cada día.
Recordade que este sábado día 11 temos Xornada de Portas Abertas para que poidades ver o noso centro.