Grazas ao Proxecto Resiliencias, a mañá do pasado 20 de febreiro tivemos a gran sorte de ter connosco a Robert Pier, unha persoa chea de luz e un gran exemplo de “RESILIENCIA” que conseguiu encher de enerxía e emocións os nosos corazóns a través da música inclusiva e participativa.
Robert foi entrevistado por algúns alumnos de 3º da ESO e isto foi moi gratificante, xa que puideron coñecer aspectos persoais e profesionais del que ata o momento descoñecían. Posiblemente foi un dos momento máis importantes da mañá, xa que grazas ao trato e ás palabras de ánimo e positividade que Robert lles transmitiu, algúns dos nosos alumnos e alumnas, comprenderon que “na vida todos e todas podemos conseguir o que queiramos, se somos constantes e loitamos por conseguir os nosos soños”.
Para finalizar, Robert puxo en práctica a Música inclusiva e participativa con tódolos cursos, para iso traballou con “mantras” algunhas das emocións que experimentamos ao longo da nosa vida como son: a gratitude, a felicidade, o odio, a tristeza, etc. Velaquí tedes unha mostra diso:
Alumnado de 1º da ESO
Alumnado de 2º da ESO
Alumnado de 3º da ESO