María Auxiliadora 2024

O pasado venres 24 de maio, tivemos a gran festa de María Auxiliadora. Durante a celebración desfrutamos de moitos momentos de convivencia co alumnado, cos profes e tamén coa comunidade salesiana. Velaquí tendes algúns momentos especiais desta gran velada:

Entrega de premios literiarios: dende fai uns anos, o noso colexio organiza un concurso literario no que participa o alumando dos diferentes centros educativos da contorna.

O xurado que participou na elección dos relatos premiados foron, ademáis do profesorado do ENDL do centro, Tino Cordal (concelleiro en Cambados) e Cristina Padín (dona da librería A casa das Formigas), ámbolo dous ex-alumnos do colexio e que seguen a manter un vínculo moi estreito co noso centro educativo.

Durante este encontro, tivemos a oportunidade de acompañar a varios alumnos e alumnas, tanto do noso centro coma do CEIP Enrique Barreiro, que foron premiados cun vale para a compra de material escolar e libros nos comercios locais de Cambados (A casa das formigas, Librería Contos e Nobel).

Grand Prix: durante boa parte deste día, o alumnado do noso centro participou en diferentes actividades deportivas. O alumnado de 3º e 4º ESO foron os encargados do deseño de cada xogo e tamén os xuíces. Como poderedes comprobar, foron ben complicadas e ó mesmo tempo moi divertidas!

Os saltamontes: o alumando tivo que calcular ben as súas forza para saltar nun minitramp, e antes de caer no quitamedos, mentres ían no aire, lanzaron un aro e introducíronno nuns conos. Esta proba non foi tan sinxela como parecía!

Os siameses matemáticos: por parellas e ben pegadiños, fixeron cálculo mental e correron velozmente ata a resposta correcta. Tivemos algún topezo, pero pasáronno de marabilla.

Os aneis da miñoca: os integrantes do equipo formaron un círculo agarrados da man. O xogo consistiu en introducir un aro polo brazo do capitán do equipo (cabeza da miñoca) e ir pasando o aro entre eles.

As mazás collidas do ceo: un equipo lazou mazás (bolas) ó campo contrario e os xogadores do outro equipo, tentaron recollelas cun capacho. A gracia do xogo e que tiñan unha lona e non podían ver por onde saerían as bolas!

Os bolos a cegas: un xogador fixo de lanzador e, cos ollos tapados, tivo que lanzar un saco a modo de bola xigante, para intentar derribar a 5 xogadores riváis que “facían de bolos”.

A pataca quente: consistiu en facer preguntas mentras se infla un globo. A quen lle estoupe mentras o ten na man perde! Profes incluídos!

Despois do gran esforzo físico do noso alumnado, tivemos un tempo de descanso onde puideron tomar unha merenda que lle ofreceu a comunidade salesiana.

Para rematar a xornada, desfrutamos dun concerto nun espazo privilexiado do noso centro. Os pipas encargáronse de todo, e os músicos e cantores mostraron o traballo de todo o curso cunha gran variedade de cancións.

Moitísimas grazas a todos por compartir con nos un día tan especial, o día de María Auxiliadora.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *