As matemáticas tamén se practican no patio

O alumando do Ciclo Formativo de Grao Básico de Peiteado e Estética realizou diferentes actividades matemáticas no patio.

Aproveitando o bo tempo e a enerxía da rapazada, elaboramos varias actividades matemáticas. Nas primeiras xornadas fixemos una competición na que combinamos a rapidez e a súa destreza coa álxebra.

O alumnado tiña que escoller a mesa na que empezar a competición e resolver os exercicios por parellas. É evidente que a rapidez xoga un papel moi importante en ambos campos, tanto físicos como matemáticos.

Outra das actividades no patio foron exercicios nos que puidesemos traballar coas magnitudes. Quixemos integrar as aficións do alumnado coma o salto, os lanzamentos de balón, a resistencia… e realizar diferentes actividades do seu gusto, ás cales evidentemente, lle sacaríamos a parte matemática.

Á vista está que suaron a camiseta! Pero tivemos tempo para todo… aprendemos, rimos e disfrutamos do bo tempo.

Pronto teremos un clima un pouquiño máis agradable e voltaremos ó patio a seguir aprendendo!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *