DESCUBRINDO COMO É UN PEIXE POR DENTRO

O alumnado de 1º da ESO realizou unha actividade na que puideron aprender de primeira man como é a anatomía dun peixe. A sesión ben podía servir para ilustrar as diferentes emocións nunha nova entrega da película de animación “Del revés” xa que a rapazada pasou do entusiasmo por ir traballar ó laboratorio, ó asco total en moitos casos ó ver os peixes, que foi derivando en curiosidade e desfrute a medida que ían avanzando na práctica.

Ó final, ata os máis escrupulosos pediron manexar as tesoiras e as pinzas para ir descubrindo as diferentes estruturas anatómicas que debían ir identificando.

Algúns amosaron verdadeiras aptitudes para este tipo de actividades, quen sabe se dentro duns anos desempeñan o seu traballo nun laboratorio, quirófano ou centro de investigación.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *