Suando a camiseta coa Bioloxía

O alumnado de curso do ciclo básico de Peiteado e Estética adicou varias xornadas na materia de Ciencias Aplicadas a traballar o aparato lomotor.

Aproveitando o bo tempo e que o noso colexio dispón dunhas instalacións privilexiadas, decidimos impartir esta parte da materia no noso patio.

Para escoller as actividades prácticas, realizouse unha choiva de ideas de xogos (en parellas ou equipos) no que se traballara o aparato locomotor.

Despois de escoller 3 xogos, tivieron que redactar as normas para que quedaran claras.

O primeiro dos xogos foi o brilé:

O xogo consiste en facer dous grupos e intentar eliminar ó equipo contrario cando lle toque o balón.

Hai que estar moi atent@s para intentar gañar… Disfrutaron tanto con este xogo que tivemos que facer a revancha.

O seguinte xogo foi a bomba:

Este xogo consiste en que unha persoa situase no centro e o resto dos compañeir@s ó seu arredor. A persoa do centro, que ten un balón na man, ten que declarlle a “guerra” a outr@ é ó mesmo tempo lazar o balón ó aire.

A persoa nombrada ten que coller o balón, mentras o resto escapan, e no momento que diga “bomba” todo o mundo ten que parar. A persoa co balón da tres pasos e ten que darlle a un dos compañeir@s que teña máis preto.

O tercero xogo foi o pano:

O xogo consiste en facer dous equipos e a cada membro do equipo asígnaselle un número.

Una persona situase entre ambos equipos e di un número. Os membros de cada equipo con dito número teñen que correr en dirección ó pano, collelo e volver ó seu equipo sen que o rival o alcance.

O alumnado animouse moito durante esta xornada e quixeron facer un xogo fora da lista, a carretilla:

Tod@s se implicaron moito realizando os diferentes xogos en equipo. É certo que quedaron moi cansos, pero o esforzo valeu a pena, porque velos desfrutar e aprendendo ó mesmo tempo é moi gratificante.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *