O alumnado de FPB de Agroxardinaría volveu con moita enerxía das festas do Nadal. Comezaron limpando toda a folla da Camelia que foi caendo e para iso fixeron uso de escobóns, de escobas xardineiras, rastrillos,…
E como non, un traballo que dou moi bo resultado:
Tamén nos centramos nos xardíns da entrada do noso cole, pero para iso tivemos que facer uso de máquinas de xardinaría como o cortacésped e a desfrozadora:
Incluso non dubidaron en meterse dentro dos parterres…
E quedoulles moi ben:
Aproveitamos que estamos na época de poda de floración dos arbustos para botarlle man as Adelfas, Photinias, Rosais, etc… e así as deixaron:
A verdade, é que estamos tendo moi bo tempo para seguir aprendendo, e por iso continuaron realizando tarefas de mantemento como é a limpeza de camiños. Velaquí podemos ver un antes e un despois:
Unha das cousas que tamén nos gusta é coidar as nosas árbores, e para iso o primeiro que temos que facer é quitarlle as malas herbas, despois aboámolas e colocámoslle unha malla antiherba ó pé da árbore para evitar que se encha de herbas. Como temos algún animaliño cerca que lle gusta moito comer, pois protexemos as súas follas para intentar impedilo: