Pautas para traballar correctamente no taller

Na materia de tecnoloxía, nos distintos módulos da FPB de Agroxardinería e incluso en música o alumnado empregades o taller do que dispón o cole, pero… como podedes sacarlle o máximo partido o tempo de traballo do que dispoñedes? como se evitan os accidentes? que significa traballar en grupo?

A continuación tedes unha pequena guía que dará resposta a todas esas preguntas e fará que disfrutedes máis de ese fermoso espazo.

Antes de ir ao taller:

  • Comproba que tes todo o material que precisas. Algunhas veces teredes que traer das vosas casas unha cartolina ou cartón, por exemplo.
  • Ten realizado un borrador do informe técnico que entregaras ao finalizar o proxecto:
    • Ferramentas e materiais necesarios.
    • Vistas acotadas e bosquexos da construcción
    • Temporalización e reparto das tarefas.

Durante a sesión de traballo:

  • Respeta as normas de seguridade e boas prácticas*.
  • Traballa en equipo*.
  • Segue correctamente a orde das técnicas de traballo:
    • Operacións previas.
    • Técnicas de fabricación.
    • Técnicas de unión.
    • Técnicas de acabado.
  • Traballa a bo ritmo, sen presas pero sen pausas.

Cando finalice a sesión:

  • Deixa a ferramenta recollida no mesmo lugar de onde a recolleches.
  • Limpa o teu posto de traballo (mesa e chan) tentando que quede en mellor estado do que o encontraches.
  • Garda os traballos en elaboración no lugar que o profe destinou a ese fin.

Normas de seguridade e hixene no taller:

Traballar en equipo:

Repartide os roles entre os membros do grupo de traballo:

  • Portavoz: é o representante oficial do equipo ante o docente.
  • Secretario: encárgase de redactar o informe técnico do equipo.
  • Tesoureiro: Controla os gastos do equipo e reparte o importe das facturas.
  • Encargado de recursos: controla o uso das ferramentas e tenta aproveitar ao máximo os materiais.

Recordade que en calquera equipo ten que haber unha persoa que actue como capitán, eso non significa que o teña que facer todo ou que mande máis que o resto, simplemente é o alumno/a que dirixe o traballo dos demais dende o consenso.

Ademáis para que un grupo de traballo funcione hai cousas que debemos facer e outras que debemos evitar:

O que debemos facer:

  • Escoitar atentamente aos compañeiros/as.
  • Ver a parte positiva das ideas dos demais.
  • Razoar as ideas que cada un propón.
  • Repartir o traballo de forma equilibrada.
  • Axudar aos compañeiros/as que teñan dificultades nalgunha tarefa.
  • Cumplir os acordos aos que chegou o equipo.
  • Ofrecerse voluntario/a para realizar tarefas pouco atractivas.

O que debemos evitar:

  • Falar mentres interveñen outros compañeiros ou menosprecialos cando se equivocan.
  • Despreciar as ideas dos compañeiros e impoñer as propias.
  • Permitir que algúns membros do grupo carguen con todo o traballo.
  • Tomar decisións sen consultar aos demais.
  • Pretender facer só o que se nos da ben ou que nos gusta máis.

Recordade que é igual de malo tentar realizar o traballo un só como non facer nada.

O resultado final do teu proxecto vai a ser valorado, pero de seguro o profe vai a ter moi en conta como chegaches a ese resultado. Segue as indicacións anteriores e as horas nesta aula taller pasarán voando.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *