Abrindo camiños cara ó Advento

Desde a prespectiva cristiá o mes de decembro abre o camino do Advento cara ó Nadal. Na materia de Relixión este mes traballaremos o significado e a simboloxía da Coroa de Advento. As candeas coa súa luz disipan as tebras e a oscuridade. Cada candea coa súa cor caracterìstica corresponden a unha semana do Advento : as moradas lembrannos que o Advento é un tempo de espera, a rosa indícanos a alegría diante da proximidade do nacemento de Xesús e a branca, que se coloca en Noiteboa no centro , simboliza a chegada de Xesús.  A forma circular da coroa simboliza que non ten principio nin fin, como a eternidade de Deus e o seu amor. Finalmente, a cor verde das follas representa a esperanza.

Ademais de explicar a súa simboloxía tamén pintaremos a Coroa de Advento coas súas cores representativas, o que se recolle nas fotografías. Mirade que ben o está pasando a rapazada pintándoas!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *