” Apadriñando a EYERUSALEM”

No blog de hoxe dámos entrada ao recordatorio da nosa Campaña solidaria dende o Departamento de Pastoral do Centro no Bos Días realizado esta semana.  Dicían así:

Bos días, alumnos, alumnas e profesores! Benvid@s aun novo día no cole.  

Rematamos os festexos pola celebración de Santa Icía, cun sorriso na cara e  con noticia na prensa,  e retomamos o pulso á campaña que iniciamos a semana pasada na titoría, a do apadriñamento dunha mociña etíope chamada  EYERUSALEM. 

Tedes proxectada na pizarra da aula a mensaxe de quen coordina os apadriñamentos de España na nosa ong Misiones Salesianas, chámase Susana. 

Quería compartir con todos este correo que imos ler agora:

17 de noviembre de 2022. 8:57h. 

Buenos días! 

Os envío adjunto la ficha de Eyerusalem, la última fotografía que tenemos y un archivo con todos los apadrinados que tenéis desde el colegio, países y responsables.

 Ya nos están llegando las cartas de Navidad de alguno de ellos, que os haremos llegar pronto.

 Os mandamos también las últimas noticias desde Etiopia. Por fin se ha firmado la paz allí, después de tantos años. Imaginamos que en cuanto pueda el Padre Alfredo Roca nos mandará noticias. Este último año ha sido especialmente duro para ellos y no han podido comunicarse con nosotros, salvo la pequeña carta que mando el P. Alfredo a través de intermediarios que pasaron por la misión y que os hicimos llegar en septiembre. Es por ello que no podemos mandar foto actualizada de Eyerusalem.

Confiamos que pronto restablezcan comunicaciones y podamos empezar a mandaros noticias. Ahora más que nunca necesitarán de la ayuda de todos nosotros.

 Gracias por estar siempre ahí.

 Un cordial saludo

Querida Familia salesiana, estamos moi lonxe de Eyerusalem pero como vistes temos bos intermediarios que se preocupan por ela na situación tan difícil que teñen no seu país.

Anímovos a que rematedes a carteleira de Eyerusalem, sede creativos e sensibles e poñede unha frase como cabeceira da mesma, así cada carteleira será diferente!  Logo pendurádea nalgún taboleiro da aula e a compartir clase con vós o resto do curso!,  Lembrade que  quen queira ser padriño ou madriña para axudala, pode colaborar economicamente. Falade co voso titor ou titora.

Graciñas.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *