Aplicamos as TIC á Cultura Clásica

O alunmado de 3ºESO que está matriculado na materia optativa de Cultura Clásica está saíndo da súa aula habitual para ir á aula de informática a realizar distintas actividades e traballos relacionados coa materia.

Logo de varios días de explicación teórica a través de presentacións dixitais e de vídeos seleccionados para unha mellor comprensión da teoría explicada, o alumnado está tendo que poñer en práctica os coñecementos adquiridos pois teñen que resolver catro actividades relacionadas coas etapas históricas das civilizacións minoica e micénica. Son actividades relativamente sinxelas pero que requiren un importante grao de concentración pois teñen que poñer en práctica ademais da teoría aprendida, a súa capacidade de comprensión para poder completalas dunha forma satisfactoria.

Despois de completar as actividades mencionadas, chegará o momento no que terán que ampliar os seus coñecementos a través das súas indagacións na rede para poder realizar o traballo sobre a arte minoica que van ter presentar dentro duns días na aula. Esta segunda tarefa servirá, como é lóxico, para coñecer un pouco máis en profundidade esta importante parte da civilización minoica pero tamén será moi útil para que o alumnado a través do uso das TIC afonde nas técnicas de investigación, de procura e selección de información de fontes fiables e ser así conscientes da importancia que isto ten para realizar un bo traballo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *