Mes: octubre 2022

O alumnado de Peiteado e Estética viaxa a Madrid

Esta pasada fin de semana, celebrouse a Feira SALÓN LOOK en Madrid, este é un evento profesional de referencia organizado por IFEMA MADRID ,para as empresas do sector da Imaxe Persoal dentro do panorama nacional e internacional. O profesorado quixo que o noso alumnado o puidese ver e desfrutar de primeira man, por iso os …

O alumnado de Peiteado e Estética viaxa a Madrid Leer más »

Preparándonos para o Samaín

O alumnado de FPB de Agroxardinaría anda estes días argallando cousiñas para o Samaín, entre elas , a tradicional preparación de cabazas. Aínda que neste caso non utilizan as cabazas típicas da zona, senon que empregan unhas cabazas de peregrino secas, que foron plantadas polos alumnos do ano pasado. Antes de empezar, o alumnado tivo …

Preparándonos para o Samaín Leer más »

Aplicamos as TIC á Cultura Clásica

O alunmado de 3ºESO que está matriculado na materia optativa de Cultura Clásica está saíndo da súa aula habitual para ir á aula de informática a realizar distintas actividades e traballos relacionados coa materia. Logo de varios días de explicación teórica a través de presentacións dixitais e de vídeos seleccionados para unha mellor comprensión da …

Aplicamos as TIC á Cultura Clásica Leer más »

Celebración da Mercé

O pasado 23 de setembro celebrouse a festa na honra da patroa do cole, a Nosa Señora da Mercé. O alumnado puido desfrutar dunha xornada de convivencia que comezou na igrexa, onde as novas cantoras interpretaron numerosas cancións para o gozo de todos os presentes na eucaristía. Ademais, tamén se fixeron diferentes ofrendas como o …

Celebración da Mercé Leer más »