Tod@s sabemos o importante que é alimentarse ben para ter unha boa saúde, por ese motivo, durante o mes de abril, alumnado da FP Básica traballou a importancia dunha boa alimentación na materia de Ciencias Aplicadas creando a súa propia pirámide de alimentos.
Neste proxecto participaron o alumnado dos dous ciclos da FP Básica:
- 1º curso de Agroxardinería e composicións Florais
- 1º curso de Peiteado e Estética.
O primer paso foi afianzar os conceptos básicos: diferenciar un alimento dun nutriente e ter claro como se clasifican os diferentes alimentos en función dos tipos de nutrientes que os forman. Para realizar ese traballo foi preciso facer unha búsqueda intentiva e crear a nosa lista de alimentos saudables.
Alumnado de Peiteado e Estética Alumnado de Agroxardinería
O seguinte paso foi a posta en común. Cada clase tivo que poñerse dacordo e escoller os alimentos para cada grupo de nutrientes e comezar a CREAR a súa propia pirámide.
Normalmente as pirámides de alimentos están representadas dun xeito específico, indicando aqueles alimentos que debemos consumir en menor medida no nivel superior.

Sen embargo, o alumnado da FP básica deulle unha volta á pirámide ( e nunca mellor dito!), xa que no seu proxecto crearon unha pirámide invertida. A razón deste xiro de 180º é porque normalmente neste tipo de representacións fixámonos sempre na parte superior das imaxes, as cales nos indican o que NON debemos comer (ou debemos comer en MENOR cantidade).
Pero o alumnado de FP Básica pensa en POSITIVO e quere mostrar en primer lugar os alimentos que debemos consumir en MAIOR cantidade. Mostrando así as moitísimas posibilidades de alimentación saudable!
GRACIAS a tod@s eles por darnos tantas opcións! Agora solo falta que ti escollas os alimentos que máis che gusten!