O alumnado de 2º de FP básica de Agroxardinería e composicións florais estivo a realizar estes días actividades relacionadas co día dos namorados. O alumnado elaborou diferentes montaxes como tarros de cristal con cactus, centros de flores, photocall, cruces de Santa Bríxida, lapiseiros de bambú, sobres de sementes, chaveiros con material reciclado, colgantes e pulseiras con resina epoxi…. Tamén empregaron material reciclado para crear estes elementos decorativos.
A primeira fase , e a máis importante, é a recollida do material vexetal.
Despois a preparación e secado mediante diferentes técnicas como secado ao aire, secado en estufa, con xel sílice, con sal de secado etc.
E, por último, a elaboración final con todo o agarimo do noso alumnado.
Despois de todo o duro traballo que leva realizado o alumnado durante este último mes, ao final conseguiron montar este incrible escaparate para deleite do resto do alumnado do centro, profesorado e deles mesmos, que se sentiron moi orgullosos polo traballo realizado.
Chaveiro feito con pétalos de camelia perforados. Chaveiro feito con margarida, verónica, grevillea,… Colgante feito con estames de camelia, fieito e pétalos de camelia perforados. Colgante feito con margarida e estames de camelia. Colgante con leptospermo. Colgante feito con follas de camelio troqueladas.
Parabéns rapazada, sen vós isto sería imposible. Fixéchedes un traballo incrible! Ánimo para o seguinte escaparate. Grazas tamén ao profesorado que nos axudou na montaxe final. Apertas para todos. Namorádevos da vida.
Os meus parabéns por un traballo tan ben feito.
Nótase que se traballa con moitas ganas e ilusión.
A seguir con moito ánimo, tanto para a profesora como para o alumnado.
Moitas grazas Emilia, eses cumpridos son os que nos axudan a seguir con ilusión e con ganas. Un saúdo.