Batida de limpeza do río Umia

Un ano máis, e xa van 3, o alumnado de 4ºB da ESO realizou unha batida de limpeza polas marxes do río Umia, en Cambados. Nesta ocasión tamén participaron na actividade as alumnas e os alumnos da Formación Profesional Básica de Agroxardinería e composicións florais.

Na senda fluvial puideron desfrutar da natureza, ó mesmo tempo que se concienciaron do impacto que o ser humano ocasiona nela.

Os obxectivos da actividade complementaria foron os seguintes:

  • Afondar nos contidos da materia de Ciencias Aplicadas referentes á contaminación hidrográfica.
  • Poñer en valor a reutilización e a reciclaxe de materiais.
  • Incentivar a curiosidade polo patrimonio natural de Galicia, achegándonos a unha zona protexida como é a desembocadura do río Umia, que pertence ao complexo Ons-O Grove.
  • Asentar as dinámicas de traballo en equipo, reforzando a responsabilidade persoal e as habilidades sociais.
  • Desfrutar dunha xornada de convivencia cos compañeiros/as de curso.

Posteriormente, o alumnado realizou un traballo sobre a contaminación do río creando unha tartaruga cos obxectos que máis lles chamaron a atención e tamén cos máis abundantes que atoparon.

O respecto pola natureza é algo que estes rapaces e rapazas defenden e que tamén demostran despois de ter recollidas máis de 30 bolsas de lixo que depositaron no colector correspondente.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *