Estaba rematando o mes de febreiro cando Ivonne, que era a orientadora do cole naquelas datas, veu o proxecto que o alumnado de 4º da ESO da materia de tecnoloxía quería realizar, e propuxo que nos anotasemos na 9ª edición do Maker Faire. Daquela pareceunos un reto demasiado grande porque ainda non tiñamos nada feito, só era unha idea fugaz.
O proxecto inicial era o de facer a estructura dunha man que se movese “máis ou menos” do mesmo xeito que unha persoa move a súa propia man. Pero o alumnado estaba motivado, tiña confianza e ganas de aprender, entón ese plantexamento inicial derivou nun brazo impreso en 3D que replicase, de maneira exacta, o movemento de cada dedo por separado da man do usuario. E se iso lles parecía pouco, decidimos engadir unha función extra, que fose inalámbrico.
Vendo a ilusión coa que todos traballaban neste proxecto, foime case imposible non facer caso da proposta que nos fixeran, e o 18 de abril realicei a incripción para a Maker Faire Galicia. Por aquel entón o brazo estaba impreso, pero nada funcionaba, todo estaba en proceso de construcción. Aquí, ainda que non o supésemos, a nosa andaina na maior feira de tecnoloxía de España comezaba.
Dous días despois, o 20 de abril, chegou ao meu correo a seguinte mensaxe que fixo que a ilusión e os nervos comezasen a aparecer en todos nos:
Gracias por su interés en participar en la Maker Faire Galicia 2023!
Enhorabuena, su propuesta “Brazo Robótico” ha sido aceptada para participar con un stand expositivo en la novena edición.
En breves le comunicaremos si ha sido seleccionada para participar en la fase de competición de proyectos.
Xa non había volta atrás, estábamos dentro e tiñamos que presentar un bo proxecto. A carreira xa tiña unha data para chegar á meta, o 2 de xuño. Na prensa comezaban a aparecer máis e máis novas sobre o gran evento que se aveciñaba, e iso engadía presión porque o alumnado xa apreciaba o alcance dos seus logros.
- Maker Faire Galicia: evento de referencia en innovación, tecnología inclusiva y emprendimiento
- Maker Faire Galicia: chega a Santiago a maior feira de inventores do mundo
- A 9ª Maker Faire Galicia chega o 1 de xuño a Gaiás con récord de proxectos e experiencias
Avanzaban os días, as dificultades acumulábanse, e a programación do mecanismo non funcionaba… pero eles seguían confiando e traballando como o primeiro día. E foi nesas semanas de pequeno caos cando a seguinte mensaxe chegou ao meu correo:
Bo día,
Noraboa o voso proxecto “Brazo Robótico” foi seleccionado como finalista na categoría Maker da Maker Faire Galicia.
Na xornada educativa do venres 2 de xuño teredes un stand expositivo onde mostrar o voso traballo e presentaredes o voso proxecto cun pitch de 3 minutos e 2 minutos para preguntas (5 minutos total), diante do xurado profesional.
Moitas grazas por presentarvos a Maker Faire Galicia e moita sorte!
Máis de 70 proxectos presentados, uns 40 seleccionados, só 5 finalistas por etapa (primaria, secundaria e ensinanzas superiores), e un deles éramos nos. A emoción por asistir non deixaba de crecer.
Pouco a pouco as circunstancias a resolver foron disminuindo e por fin puidemos berrar con un sorriso na cara… “FUNCIONA!!”.
Na seguinte ligazón pódese ver o que foi a nosa carta de presentación:
Chegou o día da xornada de educación e, ademáis de expoñer o proxecto deste ano, tamén mostramos os proxectos de anos anteriores, o semáforo de ruido, a grabadora láser e a grúa. O noso alumnado fixo unha presentación de 10 diante do xurado profesional, e ademáis defendeu o seu stand de forma brillante. Como profesor só me podía sentir feliz, satisfeito polo traballo realizado e moi emocionado polo que estaba presenciando.
O que aconteceu ás 13:50 horas do venres 2 de xuño de 2023 quedará grabado no recordo de todos nós para o resto das nosas vidas. O xurado decidiu que, xunto co proxecto mindcar-la carrera del pensamiento (de Iria e Irene) co cal empatamos a puntos, éramos os merecidos GAÑADORES DA CATEGORÍA MAKER. O alumnado tardou un tempo en asimilar a situación, e cun sorriso na cara que se mesturaba co xesto de sorpresa, subiu ao escenario a recoller o seu premio. Mentres eu, cheo de satisfacción e cos ollos brillantes, só podía pensar no afortunado que son ao poder traballar como profe.
O sábado e o domingo voltamos a Cidade da Cultura para mostrarlle a todo o público o noso traballo. A xornada de portas abertas ateigou o museo Gaiás de xente. Adultos, nenos, e familias enterias detíñanse fronte ao noso stand interesados polos proxectos que estaban enriba da mesa e valoraban o esforzo realizado estes últimos anos. Encantáballes o que vían e podían probar. Tal foi a repercusión que tivo nos miles de visitantes o noso proxecto que o domingo recibimos un segundo premio, o público elexiunos como PRIMEIROS CLASIFICADOS NA CATEGORÍA DE INNOVACIÓN SOCIAL.
Das novas que ían acontecendo tamén se fixo eco a prensa (Maker Faire Galicia: evento de referencia en innovación, tecnología inclusiva y emprendimiento) e as redes sociais como facebook, ou youtube onde este vídeo cheou ás 2000 visualizacións en apenas unhas horas.
É certo que gañamos dous trofeos, pero o mellor non foi iso, foi a experiencia, foi ver o sorriso dos cativos cando xogaban cos nosos trebellos tecnolóxicos, foi poder compartir momentos con outros expositores e mostrar interese mútuo polo traballo realizado. É para nós un premio tamén poder poñer en común aprendizaxes con ARM2u (gañadores da xornada de industria), con Gina (gañadora da categoría maker pro de educación) e con outros moitos expertos en tecnoloxía e ciencia a nivel internacional. Parabéns a todos/as eles/as!
Non sei como será a organización do Maker Faire de Kyoto, Praga, Roma, Hannover, Tokyo, Cidade de México, e demais cidades onde se realiza este evento, pero o que sí podo asegurar é que as persoas que están detrás do evento realizado en Santiago de Compostela son excepcionais. Grazas por todo, sentímonos coma na casa.
Non me esquezo de agradecerlle á ANPA o seu apoio, posto que nos facilitou o desprazamento a Santiago.
E por último… GRAZAS!! Grazas a Gonzalo, Roi, Claudia, Ainhoa, Joel, Lorena, Tanya, Brais, Catuxa e María por facelo posible. Sodes uns auténticos campeóns mais aló dos trofeos obtidos.
Para todo aquel que queira replicar este proxecto na súa casa, elaboramos o seguinte manual con todo o preciso: materiais, conexionado, códigos, consellos, etc.
Quixera felicitarte e darche as gracias polo teu traballo, pola comprensión e agarimo que tes cos alumnos.
Eles devolvencho con cariño e orgullo de terte como profe. Emocionoume escoitar como eles falan de ti.