Mª Auxiliadora

Este mes de maio veu cargado de moito traballo, pero tamén houbo tempo para festexar o día da nosa virxe, Mª Auxiliadora.

O colexio estivo engalanado e preparado para unha das súas celebracións máis importantes dende as primeiras horas da mañá e o tempo foi un gran anfitrión que colaborou a que esta fose unha agradable mañá.

A xornada comezou cunha celebración da palabra onde alumnos e alumnas de tódolos cursos participaron. ó finalizar fíxoselle ntrega a Merche do recadado pola venta de doces solidarios que se levou a cabo no cole en distintos momentos do curso. Logo fixéronse unhas demostracións de habilidades deportivas do alumnado e profesorado e procedeuse á entrega de medallas do torneo deportivo de Mª Auxiliadora.

De seguido, houbo un ágape e ó finalizar, os presentes cambiamos de escenario, fomos ó rincón de doña Dolores, onde parte dos nosos alumnos e alumnas amenizaron esta parte da mañá coa súa música e as súas cancións en directo. Tamén participou nesta velada musical,Francisco Pérez, un veterano músico, exdirector das bandas de Ourense e de Almería e exdirector do conservatorio de Vigo. Paco, así coñecido, é un virtuoso do saxo alto, saxo tenor e clarinete, que formou parte de diferentes, orquestas, sinfónicas e grupos de Jazz.

De seguido, houbo un ágape e ó finalizar, os presentes cambiamos de escenario, fomos ó rincón de doña Dolores, onde parte dos nosos alumnos e alumnas amenizaron esta parte da mañá coa súa música e as súas cancións en directo. Tamén participou nesta velada musical, Francisco Pérez, un veterano músico, exdirector das bandas de Ourense e de Almería e exdirector do conservatorio de Vigo. Paco, así coñecido, é un virtuoso do saxo alto, saxo tenor e clarinete, que formou parte de diferentes, orquestas, sinfónicas e grupos de Jazz. Para finalizar, tivo lugar o clásico Got Talent, no que o alumnado do centro demostrou as súas múltiples habilidades.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *