A finais do segundo trimestre, o alumnado de 1º curso dos ciclos básicos de Agroxardinería e Composicións Florais e o de Peiteado e Estética tiveron que realizar una maqueta dunha boca.
A finalidade deste proxecto foi aprender dun xeito diferente os dentes da nosa boca, xa que estábamos traballando o tema de nutrición, e ó mesmo tempo traballar a manipulación fina e motricidade, que é moi necesario nos diferentes módulos profesionais.
A única condición que se lle puxo ó alumnado foi: realizar unha maqueta de elaboración propia.
Estas foron as MARABILLAS que fixo o noso alumnado de Agroxardinería e Peiteado.
Cómo estas maquetas foron TAN creativas, non era xusto que soamente as desfrutásemos nós.
Fixemos un concurso no que participou TODO o colexio e desa forma todo o alumnado do centro puido ver o moito que se traballa nos ciclos básicos do noso centro.
As maquetas máis votadas foron:
Velaquí tendes ós tres finalistas do concurso!
Sara, Mario e Diana.
Graciñas a tod@s pola colaboración e recoñecemento deste GRAN traballo!