VISITA A EDUGAL

O pasado mes de novembro o alumnado de 4º ESO e de 2º curso de FPB do noso centro acudiu á 11ª edición de EDUGAL, o salón educativo de referencia en Galicia, celebrado na cidade de Pontevedra.

Acompañados polo Departamento de Orientación e por parte do profesorado do centro, tiveron a oportunidade de desfrutar dunha mañá de charlas, obradoiros e incluso degustacións.

Os obxectivos desta feira son os seguintes:

– Dar continuidade á orientación académica e facilitar unha adecuada elección para tomar unha decisión sobre o futuro profesional.

– Axudar ás/aos estudantes a decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional.

– Dar resposta ás necesidades de formación do alumnado que necesita elixir o centro no que formarse para acceder ao mercado laboral.

– Incentivar a curiosidade polo seu futuro académico e profesional.

– Desfrutar dunha xornada de convivencia cos compañeiras/os de curso.

Porque en Salesianos A Mercé abrimos camiños ao futuro do noso estudantado!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *