O pasado 23 de setembro celebrouse a festa na honra da patroa do cole, a Nosa Señora da Mercé. O alumnado puido desfrutar dunha xornada de convivencia que comezou na igrexa, onde as novas cantoras interpretaron numerosas cancións para o gozo de todos os presentes na eucaristía. Ademais, tamén se fixeron diferentes ofrendas como o tarro dos desexos que cada aula elaborou ao inicio do curso.
No recreo a rapazada tivo unha degustación que consistía nun doce e un zume que facía a boca auga, sobre todo a esa hora da mañá.
Este ano o cole conmemora o 75º aniversario e, como actividade inicial, das moitas que se realizarán ao longo do curso, o alumnado deixou a súa pegada na parede lateral do pavillón para así darlle o toque final a un mural que as rapazas e rapaces de tecnoloxía de 4º da ESO realizaran nos días anteriores. Os selos que se marcaron fan referencia tanto ás clases da ESO como ás FPBs de Peiteado e Estética e de Agroxardinería e Composicións Florais.
Despois de rematar o mural, tanto o profesorado como o alumnado bailaron e xogaron como peche dunha xornada moi alegre.
A reportaxe gráfica foi realizada por Ángel Pellitero e pódese ver ao completo nas galerías de imaxes da nosa web. Ademáis, no seguinte vídeo temos un breve resumo do que foi a xornada de celebración: