Salnés Ciencia 2024

O alumnado dos ciclos formativos de 1º de Agroxardinería e Composicións Florais e 1º e 2º de Peiteado e Estética traballaron moi duro durante estes meses para presentar os seus traballos no primer evento científico realizado en Cambados, SalnésCiencia. Dito evento tivo lugar o pasado 8 de xuño no salón Peña.

O noso centro educativo presentou catro bloques de experimentos:

A nutrición: diferentes maquetas realizadas polos alumnos do aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.

A cristalización: estudo de varias mostras saturadas, neste caso dunha mezcla de auga e azucre.

O proceso de oxidación: a finalidade desta actividade foi someter un parafuso en diferentes sustancias e ver en cal delas se oxidaba antes.

A fabricación de xabóns: empregando o aceite usado do comedor escolar do que dispón o noso centro.

Durante esta xornada, o noso alumando explicou a moitas familias o seu traballo, tanto ós máis pequenos coma ós maiores. Quedaron abraiados coas marabillas que fixeran durante o curso. Noraboa rapazada polo traballo realizado!!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *