O alumnado de 1º dos CFGB de Agroxardinaría e Composicións Florais e Peiteado e Estética realizou un gran traballo no laboratorio.
Primeiro, fixeron unha búsqueda individual para realizar un experimento do seu interese. En segundo lugar, tiveron que investigar o fundamento científico para explicarlles ós compañeiros como era o procedemento do seu experimento e o que querían demostrare por último tiveron que facer un listado de todo o material necesario para preparar a súa práctica de la laboratorio.
Velaquí tedes algúns dos traballos realizados:
David explicoulles ós compañeiros como era un fluido non- newtoniano. Preparou o material e todos e todas puideron experimentar coas súas propias mans as peculiaridades deste fluído.
Daniela e Ana demostraron como é posible ca auga suba soa por un vaso. Como pode pasar iso? Pois gracias ó principio de capilaridade, onde as moléculas de agua poden ascender ata unha certa altura do recipiente escollido.
Mauricio fixo un volcán no laboratorio empregando bicarbonato e limón. Explicoulles ós compañeiros como a reacción do bicarbonato (base) cun ácedo (limón) xera dióxido de carbono en grandes cantidades que asemella á erupción dun volcán.
Iris elaborou un experimento moi sinxelo no que explicaba como se rompe o enlace entre as moléculas. Para iso empregou auga, pementa e xabón.
Como podedes observar, o alumnado fixo un gran traballo de laboratorio, experimentos sinxelos pero que deixaron abraiados cos seus resultados. Noraboa rapazada!