Outro ano máis, o alumnado de 4º da ESO xunto co alumnado de primeiro dos CFGB de Agroxardinería e Composicións Floriais e Peiteado e Estética, realizaron unha batida de limpeza no Río Umia.
A particularidade deste ano, é que o alumnado fixo unha limpeza do recorrido que vai dende as instalacións do colexio ata o río.
Nesta actividade traballamos a convivencia, valores, o servicio á comunidade, así como a concienciación da xeración de residuos e os problemas de contaminación que hai na nosa contorna.
Como podedes observar, soamente no traxecto dende o colexio ata o río ( aproximadamente 1,5 km) recollemos todo este lixo únicamente por un lado da estrada.
Durante o tempo que estivemos no río, todo o alumando estivo moi implicado revisando cada recuncho para poder deixar ese traxecto de paseo que moitos cambadeses empregamos para desfrutar da natureza.
Como podedes observar, o traballo de todo o alumnado que participou nesta batida de limpeza, fixo que o noso río esté un pouco máis limpo.
Outros anos, a cantidade de sacos e bolsas de lixo foi moitísmo máis numerosa, pero ás choivas da semana anterior levaron polo mar adiante parte do lixo que xa se observaba dende a ponte de Castrelo nas últimas semanas.
Para rematar o traxecto, o alumnado realizou a mesma actividade de limpeza dende o río ata as instalacións do noso colexio pola outra banda da estrada.
Moitas grazas a toda a rapazada que participou nesta actividade que tivo un gran efecto positivo tanto na súa educación coma no benestar da comunidade.