A volta ó cole dos antigos alumnos

O pasado luns 22 de abril, dentro das actividades programadas do Departamento de Orientación e Pastoral , tivemos o privilexio de recibir a algúns antigos alumnos que xenerosamente aceptaron a nosa invitación para compartir con todos nós e especialmente co alumando da ESO e dos CFGB de Agroxardinería e Peiteado, as experiencias académicas e laborais.

Ainara Santorum, Uxía Vieites, Alejandra Tilve, Bruno Prieto, Adrián Martínez, Yair Gondar e Juan Ventura Martínez.

Os nosos apreciados e benqueridos ex-alumnos, ofrecéronnos unha visión moi valiosa das súas traxectorias académicas y profesionais, falaron das úas vivenzas dende que remataron os seus estudos neste centro e explicaron a que se adican nestes momentos. Todas as experiencias foron moi valiosas para o alumnado que recibía a charla, xa que en pouco tempo tendrán que emprender o mesmo camiño como fixeron eles.

  • Ainara Santorum: actualmente alumna de 2º curso de Bachillerato na modalidade de Ciencias no IES Francisco Asorey.
  • Uxía Vieites: actualmente realiza o 2º curso de Bacharelato na modalidade de Ciencias no IES Ramón Cabanillas.
  • Alejandra Tilve: actualmente alumna de 2º curso do grao de Psicoloxía na USC .
  • Iago Costa: actualmente profesor nun colexio salesiano de Madrid, CPR Salesianos Estrecho.
  • Bruno Prieto: actualmente alumno de CFGM Actividades Físicas e deportivas no IES Porto do Son.
  • Adrián Martínez: ex-alumno de CFGB de Peiteado e Estética. Actualmente traballa unha peluquería .
  • Yair Gondar: ex-alumno de CFGB de Agroxardinería. Actualmente traballa nun centro agrícola de Ribeira.
  • Juan Ventura Martínez: exalumno e párroco nas parroquias de O Grove e recén nomeado delegado de Pastoral de turismo.

Foi un acto no que o alumnado participou activamente, mostraron moito interese por tódalas ponencias e que sen dúbida abrirá moitas portas ós seus SOÑOS no futuro.
Moitísimas grazas ó nosos ex- alumnos que xenerosamente adicaron parte do seu tempo e traballo para estar con TODOS nos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *