O alumnado dos ciclos básicos de Agroxardinería e Composicións florais e o de Peiteado e Estética estiveron traballando o aparello respiratorio, circulatorio e excretor (aparellos que forman parte do proceso de nutrición).
Dada a boa acollida que tivo a elaboración de maquetas por parte do alumnado de ambos ciclos no anterior proxecto, nesta ocasión non foi para menos!
A finalidade desta actividade é que traballaran a manipulación fina e motricidade é o mesmo tempo que explotarán a súa creatividade!
Para realizar as maquetas do aparello respiratorio empregamos o taller de tecnoloxía que dispón o noso colexio, onde dispuxemos de todo a material necesario para a súa elaboración.
O primer exercicio plantexado foi a creación duns pulmóns.
O alumnado tivo que ser moi cuidados@ é unir ben as pezas para que os pulmóns funcionasen á perfección!.
Velaquí tendes algúns dos pulmós creados:
O siguiente exercicio foi a creación libre do aparello circulatorio e excretor.
O alumnado optou por diferentes alternativas, dende a elaboración dunha maqueta ata a representación dos mesmos mediante un debuxo con todo detalle.
Como podedes observar, o alumnado dos ciclos básicos de Agroxardinería e Composicións florais e o de Peiteado e Estética non deixan de traballar e de aprender da bioloxía dentro e fora da aula!