O alumnado de 1º de Peiteado e Estética traballaron nestas semanas os órganos dos sentidos.
Aproveitando que dispoñemos dun laboratorio ben equipado, fixemos unha cata a cegas para agudizar o sentido do gusto.
O alumnado degustou catro iogures e tivieron que indicar de qué froitas eran cada unha das mostras.
Curiosamente había máis de catro posibilidades… Xa que algunha das mostras foi moi complicada de detectar.
Gracias a esta actividade descubriron que lles encanta o iogur de pera e tamén o de piña.
Outra actividade realizada foi a de detectar os aromas de cinco mostras, pero desta vez únicamente empregando o sentido do olfato.
Como podedes observar, non tódolos aromas foron ben recibidos… algúns “cheiraban horrible” e outros abriron o apetito!!
Para rematar a xornada de actividades, o noso alumnado tivo que adiviñar o contigo dunha caixa. Concretamente tivo que indicar que cinco obxectos había nela mediante o sentido do tacto.
A verdade é que todo o alumnado participou activamente durante as prácticas do laboratorio, aínda que ó principio non lles gustaba moito a idea de tapalos ollos… Tod@s sairon moi content@s con estas actividades sensoriais.