Taller de peiteado

HOXE ÍMONOS Á PELU…

Temos a inmensa sorte non só de traballar nun Centro que educa no Ensino de Secundaria Obrigatoria senón que podemos coñecer de primeira man o que fan as nosas compañeiras e compañeiros do Ensino na Formación Profesional tanto na rama de Agroxardiñería e Composicións Florais coma na de Peiteado e  Estética. 

Hoxe quérovos falar  concretamente desta última, nesta tarde marabillosa na que  unha compañeira máis eu aproveitamos a oportunidade de desfrutar dunha sesión completa de perruquería que nos ofreceron os alumnos e alumnas de 2º de Peiteado. 

O proceso foi arduo para eles pero sinxelo para nós que estabamos sentadas, con total relax e confianza, pois tanto Adrián coma Saray están cursando o seu último tramo de estudos e se lles nota a preparación e soltura, ademais comprobamos a presenza , supervisión e acompañamento en todo momento da súa profesora de módulo de coloración capilar.

Alí explicáronnos cada paso que ían realizando nas nosas cabezas : fixeron tres servizos de tinte con mechas. 

ANTES….

RESULTADO FINAL

Verdadeiramente resultou ser unha experiencia moi gratificante, porque non só entras e saes distinta e mellor senón que te sintes parte da súa aprendizaxe para un futuro laboral non moi lonxano que espero con toda a ilusión que teñan. Para iso se preparan e gozan do camiño.

Se queres probar, se queres colaborar no seu ensino e mellorar a túa imaxe persoal non dubides en poñerte en contacto co Centro ( 986542750) , preguntando pola xefa de departamento, a profesora Yolanda Diz para solicitar cita (servizo ao público os martes de 9:45h a 14:00h.).

Un pracer!!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *