CELEBRAMOS O MES DA CIENCIA CON CIENCIA!

Durante o mes de novembro celébrase a Semana da Ciencia co gallo de divulgar e poñer en valor o papel da ciencia. E o noso cole non quería ser menos!

Profe, como funciona unha lámpada de lava?

Durante este mes as clases de física e química, de bioloxía ou de ciencias aplicadas trasladáronse ó laboratorio de ciencias, onde o alumnado puido levar a cabo experimentos que apoiaran os contidos vistos en clase ó tempo que practicaban o manexo de material de laboratorio.

O alumnado de 2º da ESO puido comprender mellor o concepto de densidade, construíndo unha torre de densidades con líquidos que todos poden ter na casa, e comprobaron a densidade de materiais coñecidos mergullándoos nela, as caras de sorpresa ó descubrir que os osiños de goma son máis densos que un anaco de mazá non tiñan prezo!

O traballo en grupos no laboratorio require organización, respecto das normas, correcto manexo dos materiais, concentración, paciencia, e ó mesmo tempo facilita a comprensión de conceptos máis abstractos.

O alumnado de 4º en física e química tivo que deseñar un método para deducir o tipo de enlaces químicos que existen no sal e o azucre, a chuvia de ideas permitiulles recordar que os puntos de fusión eran moi diferentes: Profe, o azucre se o pos ó lume fai caramelo e o sal non! E comprobámolo, como arrecencía o laboratorio despois!

O alumnado de FPB traballou a influencia de diferentes factores nas reaccións químicas.

E para rematar o mes da ciencia esta semana comezaron as actividades da Semana da Ciencia no cole, con experimentos, curtametraxes e concurso de coñecementos científicos.

O alumnado de Ciencias Aplicadas de 4º preparou unha mostra de experimentos que amosaron a todos durante os recreos dos martes e os xoves. Esta foi unha das actividades con máis éxito xa que todo o alumnado se reuniu no pórtico para observar as diferentes demostracións. Bravo polo alumnado de Ciencias Aplicadas e polo profe Pablo que organizou e coordinou a actividade!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *