O alumnado de FPB de Agroxardinaría anda estes días argallando cousiñas para o Samaín, entre elas , a tradicional preparación de cabazas. Aínda que neste caso non utilizan as cabazas típicas da zona, senon que empregan unhas cabazas de peregrino secas, que foron plantadas polos alumnos do ano pasado.
Antes de empezar, o alumnado tivo que lavar as cabazas para eliminar os fungos encargados do proceso de secado. Estes fungos son os que lle dan unha coloración escura ás cabazas, e que cun pouco de auga tibia e lixivia se pode solucionar. Vale, tamén é necesario rascar!
As cabazas xa están listas para o proceso de transformación, pero antes o alumnado ten que elaborar un bosquexo da cabaza nun papel, para así ter claro o deseño que vai realizar.
O alumnado empregou diferentes ferramentas e tintes para elaborar as terribles cabazas. Entre elas empregaron un taladro “dremel” , un pirograbador, un punzón,….
E como non, aproveitando que estabamos perforando as cabazas, xa fixemos recollida e selección de sementes para a próxima plantación! Esta fase é moi importante para poder ter cabazas para o próximo curso!
E despois dunha sesión de traballo, por fin vemos o resultado! Parabéns rapazada!